Primeiros exames

Esta semana comezamos cos primeiros exames. Estas son as datas:

  • Martes día 6, exame de 2ºC en usos múltiples
  • Xoves día 9, exame de 2ºD en usos múltiples
  • Venres día 10, exame de 4ºAB en usos múltiples e de 4ºPDC no taller de tecnoloxía

Insignia de Reciclaxe

Na materia de Tecnoloxías de 2º da ESO comprometémonos coa reutilización de recursos.

Trae o teu material de refugallo, acumula puntos e gaña a insignia de Reciclaxe.

Gif animado dun vídeo

 Queres facer un gif animado a partir dun vídeo de YouTube?

Escribe gif entre “www.” e “youtube” na URL do vídeo e dálle a ir (ou pulsa enter). Serás redirixido ao editor da web gifyoutube. Escolle o instante do vídeo no que queres comezar o gif e establece a duración (ate 10 s). Fai clic en Create gif e listo!

A imaxe destacada que podes ver neste post está realizada en gifyoutube. Por certo, pertence a un vídeo da canle de Museum of Obsolete Objects, onde podes atopar vídeos acerca do funcionamento de obxectos que xa non usamos.

Convierte cualquier vídeo de YouTube en un GIF animado añadiendo “gif” a la URL.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos