Planetario móbil

O pasado mes de Marzo, na semana do 17 ao 21, tivemos o planetario móbil de EduCaixa instalado na Aula de Música 2 (grazas de novo, Pablo!).

Aproximadamente o 80% do alumnado asistiu á proxección da orixe das estacións e o ceo de primavera. Estou realmente contenta co nivel de participación e agardo vervos novamente en máis actividades de astronomía.

Grazas a todxs!

captura365

Ensaio de resistencia

Os grupos de 2º de ESO traballaron a unidade de estruturas na segunda avaliación. Para poñer en práctica os contidos aprendidos durante a unidade, construímos estruturas realizadas integramente con papel. Nesta última semana puxemos a proba a súa resistencia.

Deixo aquí un vídeo de mostra correspondente ao primeiro ensaio de resistencia de 2ºA.

Blog de Jorge Cao

Gustaríame referenciar un novo blog que funciona dende hai aproximadamente un mes. Trátase do espazo de Jorge Cao, profesor de Plástica en Pastoriza.

Nesta web recóllese o marabilloso traballo que dentro desta materia están a desenvolver xs alumnxs dos diferentes grupos. Ademais atoparás propostas moi interesantes en relación a contidos da área. Parabéns!!!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos