Queres tempo extra para rematar o teu proxecto? A semana que vén, o taller abre nos recreos:
Luns 9: 1º e 2º recreo
Martes 10: 2º recreo
Mércores 11: 1º e 2º recreo
Xoves 12: 2º recreo
Venres 13: 1º recreo
Queres tempo extra para rematar o teu proxecto? A semana que vén, o taller abre nos recreos:
Luns 9: 1º e 2º recreo
Martes 10: 2º recreo
Mércores 11: 1º e 2º recreo
Xoves 12: 2º recreo
Venres 13: 1º recreo
Datas dos próximos exames:
Emprega estas dúas imaxes
para realizar a seguinte montaxe na que deberás empregar as ferramentas que xa coñeces e ademais, a ferramenta de perspectiva en dirección normal. Ao final deberás ter 3 capas: unha coa montaxe final (nome resultado), unha co libro borrado (nome libro) e unha coa imaxe do libro orixinal (nome orixinal). Garda o exercicio como apelido_nome.xcf
Non é a primeira vez que falo de códigos QR neste blog. Que che parece levar unha camiseta con imaxe ou mensaxe codificada en QR? Podes ler acerca deste e outros usos na seguinte ligazón pero terás que aceder a ela instalando un lector de códigos QR no teu smartphone 🙂

Emprega estas imaxes
para facer a seguinte composición. Na captura de pantalla tamén collín a ventá de capas para que vexas que o nome asignado a cada capa. Podes empregar as seguintes ferramentas: emborronado, recheo, recolle-cor, escalado, mover e as diferentes formas de selección. Pregúntame as túas dúbidas.
Abre esta imaxe en Gimp, duplica a capa e selecciona a chaqueta empregando o zoom (podes utilizar a máscara rápida).
Vai a Cores-Dar cor e xoga co tono, a saturación e a luminosidade para conseguir un resultado similar
Para dar cor a unha imaxe en branco e negro, debe ser unha imaxe RGB desaturada. Podes partir dunha imaxe a cor e no menú Cores, escoller a opción Desaturar.
Abre esta imaxe con Gimp

duplícaa e aplica as ferramentas necesarias para obter

Estou facendo modificacións na canle de YouTube asociada a este blog, así que é posible que estes días non che carguen os vídeos e mesmo desaparezan das entradas antigas. Grazas pola túa paciencia!