Comeza instalando Gimp no teu ordenador. Fai clic aquí para acceder á páxina de descarga.
Electrónica: actualización
Fai clic aquí para descargar a actualización dos apuntes de electrónica analóxica.

Práctica 20: Encolado
Emprega fotor para realizar un encolado sobre os teus lugares favoritos. Garda o resultado e sube a imaxe ao teu blog.

Práctica 19: Photopeach
Emprega a aplicación photopeach para realizar unha montaxe con fotos (falaremos en clase sobre o tema). Requisitos:
- Utiliza como mínimo 10 fotos (propias ou non)
- Escribe texto en cada unha delas
- Pon título á montaxe
- Escolle música de fondo
Sube o resultado ao teu blog!
Coñeces Fotor?
Edita unha imaxe, realiza un collage, deseña a túa postal… todo con Fotor.

Práctica 17: Ollos vermellos
Realiza con XnView a corrección de ollos vermellos para a seguinte imaxe

e publica o resultado no teu blog.
Práctica 16: Marca de auga
Crea a marca de auga LAGARTO e busca catro imaxes relacionadas co outono en morguefile. Introduce a marca de auga facendo unha conversión por lotes en XnView e publica as catro imaxes nun único post. Se queres colocalas dunha maneira especial, podes empregar CKEditor e unha táboa de bordes invisibles.
Photo credit: RoyalHoliday from morguefile.com


