Queres ver o proxecto deseñado e construído por Lara, Lucía, Iván, Tatiana, Samuel, Pablo, Raúl e Desireé? Trátase dun paso a nivel e no seu blog poderás ver como foi todo o proceso.
Peaxe
O grupo de 4ºA formado por Julián, Alejandro, Ismael, Alberto e Daniel xa rematou o seu proxecto. Un PICAXE está programado para realizar un ciclo de funcionamento no que están controlados os tempos de subida, agarda e baixada da barreira así como o acendido/apagado dos LED. Parabéns polo traballo!!!
Podes seguir todo o proceso de deseño e construción a través do seu blog.
Blogs de Informática
Xa rematei coa corrección dos blogs de Informática. Podes preguntarme a túa nota en clase.
Photo credit: duboix from morguefile.com
AVISO IMPORTANTE PARA 3ºC
Lembrade, todos os grupos teñen que entregar o cuestionario do proxecto. Tedes ate o día 23 de Marzo durante a clase de Tecnoloxía.
Photo credit: wallyir from morguefile.com
Planilla de corrección dos proxectos
Descarga aquí a planilla de corrección do proxecto de 4º de ESO para coñecer como vai ser avaliado o teu traballo.
Boa fin de semana
Boa música para comezar a fin de semana.
Xogo con GameMaker
Utiliza GameMaker para crear un xogo coas seguintes especificacións:
- Ventana ao comezo do xogo indicando o nome do xogo e as instrucións para xogar.
- Un dos sprites será unha cruz verde creada por ti.
- Debe incluír como mínimo un son.
- Pode ter ate dúas pantallas.
- Ningunha das accións pode provocar erros.
- Ao rematar o xogo debe preguntar se se quere xogar de novo ou saír.
Tes ate o 23 de Marzo para entregarme o executable: apelido_nome.exe
GameMaker. Queres saber máis?
Queres saber máis? Consulta este manual.
Corrección dos blogs
O luns día 19 de Marzo comezo coa corrección dos blogs de informática. Tes até entón para actualizar o teu!!!
Photo credit: jeltovski from morguefile.com


