2ºC: Traballo sobre videoxogos

Lembrade que o prazo para a entrega do traballo onde tedes que comparar os videoxogos actuais cos de comezos dos anos 80 remata o venres día 25 de Marzo. Non recollerei traballos despois desa data.

Videoxogos: sesión de arqueoloxía

Na clase de hoxe teredes a oportunidade de probar algúns dos primeiros videoxogos portátiles que se comercializaban a comezos dos 80 e tamén podereres xogar online con algunhas das consolas precursoras da Play, Wii,… nos vosos portátiles. Logo teredes unha semana para analizar as principais diferenzas entre os videoxogos de entón e os actuais, valorando aspectos como a complexidade do xogo, gráficos, son, nivel de dificultade, flexibilidade do xogo,… Tedes ate o venres 25 para entregarme o voso traballo individual!

hit bit sony

Blogs dos proxectos de 4ºA

@s alumn@s de 4ºA xa comezaron co deseño dos seus proxectos e tamén coas primeiras probas de concepto. Como novidade, este ano cada equipo documentará o seu traballo a través dun blog integramente escrito polos seus compoñentes. Nos diferentes blogs atoparedes o día a día dos proxectos, fotos, vídeos,… Para facilitar o seu seguimento, incluín un apartado coas ligazóns no menú principal.

usb_picaxe

Colaboración biblioteca-tecnoloxía

Marta, dinamizadora da biblioteca do instituto e profesora do departamento de Lingua Galega, fíxonos a interesante proposta de construír suxeitalibros para colocar nos diferentes andeis. Este proxecto será realizado como un caso práctico no que cada equipo de 2ºC terá que falar con Marta, preguntarlle acerca das especificacións e tomar medidas. Posteriormente, no taller, cada equipo realizará o seu propio deseño para finalmente construílo empregando madeira e/ou metal.

O ordenador e os periféricos (II)

Facede clic aquí para acceder ao test de autoavaliación. A ligazón á presentación de consulta, está incluída no test.

Importante: @s alumn@s que obteñan os mellores resultados no test poderán escoller compañeir@s de grupo para o próximo miniproxecto.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos