Fas clic nun arquivo flash e descárgase na vez de abrirse? Tes desactivado Flash en Chrome.
Neste enlace tes os pasos para activalo.
Fas clic nun arquivo flash e descárgase na vez de abrirse? Tes desactivado Flash en Chrome.
Neste enlace tes os pasos para activalo.
O curso pasado o meu centro tomou a decisión de comezar a traballar con chromebooks. Son equipos lixeiros en todos os sentidos, con autonomía suficiente para toda a xornada escolar e un prezo que ronda os 200 €. Fixémolo no marco de Google Education, contorno que empregamos dende o curso 2015-16.
A escolla dos chromebooks fai necesario o uso de aplicacións online, dentro ou fóra da chrome store. Precisamente na procura de aplicacións para debuxar, atopei Sketchpad.
Engade as túas imaxes soltándoas sobre a área de debuxo ou usa as da aplicación. Modifica todas as súas propiedades e fai trazados con todo tipo de pinceis. Usa os selos de Sketchpad ou crea os teus. E o mellor de todo, usa capas para organizar todos os elementos!
Un timelapse é unha secuencia de vídeo que se reproduce a unha velocidade superior á que foi rexistrada, a fin de poder condensar nun pequeno espazo de tempo acontecementos que tiveron unha duración maior. Pode realizarse simplemente acelerando o vídeo gravado ou ben a partir dunha montaxe de fotografías tomadas a pequenos intervalos.
O seguinte exemplo está realizado con VirtualDub a partir de 300 imaxes tomadas ao longo de unha hora e media.
Un marcador de libros que ademais é unha fonte de luz.
Podes ver a entrada completa en designboom.
Non sempre é posible instalar aplicacións nos equipos para traballar contidos concretos, polo que está ben dispoñer de opcións online. Con Gears poderás experimentar con sistemas de transmisión de ate catro engrenaxes, coa posibilidade de modificar o número de dentes de cada roda e a velocidade. Ademais do modo de exploración, dispón de dúas seccións máis nas que o usuario debe responder preguntas acerca dos sistemas simulados en pantalla.
Fai unha proba. Busca imaxes co texto “xoguetes para nenos” (toys for boys) e “xoguetes para nenas “(toys for girls). Vehículos, ferramentas, xogos de construción, bonecos articulados, robots,… para eles, e casiñas, bonecas, cociñas, toucadores, carriños de bebé, kits de maquillaxe… para elas.
As profesoras que traballamos en Ciencia e Tecnoloxía temos unha dobre responsabilidade de cara ás nosas alumnas. Ademais de acompañalas na súa aprendizaxe, debemos facerlles chegar a mensaxe de que esas áreas que dende a primeira infancia semellan estar reservadas para os chicos, tamén nos pertencen a todas nós.
Deixo un vídeo (subtitulado) que me chegou a través doutra profe, a miña amiga Goretti:
Dende TheFlippedClassroom chega esta interesante guía de Google Classroom para estudantes en forma de infografía.
Convocadas as probas de acceso a FP de Grao Medio. Fai clic aquí para acceder a toda a información.
RokBlok é unha proposta diferente para xs que desfrutamos co son dos vinilos. O disco permanece inmóbil mentres o reprodutor se move ao longo dos seus sucos. Dispón de altofalante integrado e conectividade bluetooth para altofalantes externos. O proxecto aínda está aberto en KickStarter.