Nos próximos días sacarei fotos de todos os proxectos e as colgarei para que podades amosar o voso traballo fóra do instituto. Por certo, xa están todos puntuados e en xeral, ben 🙂 As notas da avaliación terédelas o xoves.
Almanaque de Advento
Gracias a tod@s por participar e a Montse e María José por traernos os primeiros aires do Nadal!
3º ESO: Aviso
Para pasar o tempo
- Unha aplicación para crear online fondos de escritorio: x3studios
- Unha aplicación para recortar vídeos de YouTube: TubeChop
- Unha páxina de xogos: physicsgames
Sorte cos últimos exames desta avaliación, e ánimo, que non queda nada para as vacacións!!!
O taller abre nos recreos
- Xoves: 1º recreo
- Venres: 1º recreo
Como sabedes, a asistencia é voluntaria e non a terei en conta na nota. Cada grupo deberá valorar se as sesións que quedan antes da avaliación son suficientes para rematar o proxecto ou se pola contra considerades que necesitades vir nalgún recreo para adiantar traballo. É necesario que polo menos a metade do grupo asista para poder traballar no proxecto.
Tamén abrirei o taller algún recreo durante a semana que vén.
Este aviso é válido para os meus alumnos, tanto de 2º coma de 3º.
Primeiras fotos dos proxectos de 3º
E ti que les?
Robot solar
3º ESO: Boletín para entregar
O boletín de mecanismos que teredes que resolver e entregar xa está dispoñible na sección 1ª AVALIACIÓN. Podedes descargalo ou agardar a que volo reparta en clase. A data límite para entregarmo é o 4 de Decembro e despois dese día non o recollerei.
Se tedes dúbidas con algún exercicio, buscádeme no taller 1 ou na sá de profesores durante os recreos.



