En Novembro de 2004 creei o Blog de Tecnoloxía para dar soporte ás clases de informática que impartía entón.
No ano 2008 recibín o 3º Premio de Innovación Educativa da Xunta de Galicia.
En Xuño de 2010 mudei de servidor e, na veciñanza de Blogaliza, tamén mudei o nome do blog que pasou a titularse Ciencia + Tecnoloxía. Este cambio obedecía ao desexo de dar cabida a outro tipo de contidos ademais dos tecnolóxicos.
No ano 2012 mudei para o servidor que teño contratado baixo o dominio tmancebo.eu.
Benvid@s ao meu blog!
Esta obra está protexida baixo unha licencia de Creative Commons
