Queredes descargar as actividades de repaso realizadas en clase e algunha máis? Facede clic aquí.
Tamén atoparedes unha diapo coa materia que entra no exame.
Queredes descargar as actividades de repaso realizadas en clase e algunha máis? Facede clic aquí.
Tamén atoparedes unha diapo coa materia que entra no exame.
Calendario para 2ºC:
Facede clic aquí para descargar a actualización da unidade 1.
Tal e como falamos ao comezo de curso, tedes tres opcións para facervos co material co que vaiamos traballando (presentacíóns, boletíns de exercicios,… ):
E por suposto, pedídeme axuda se necesitades algún material que non atopades.
Podedes descargar a presentación da unidade 1 facendo clic aquí.
Hoxe estivemos vendo un vídeo sobre o proceso que se segue para fabricar unha táboa de snowboard. Este e outros vídeos podedes atopalos facendo clic aquí. E aproveito tamén para colgar o cuestionario co que estivemos traballando a continuación.
Photo credit: lightbox from morguefile.com
O plan de traballo desenvolveuse nunha sesión:
Para os que descargades o material.
As categorías non están funcionando ben polo menos desde onte, así que teredes que guiarvos polas etiquetas que figuran ao final de cada post. Agardo que este problema se solucione pronto. Desculpade!
Nos primeiros tempos da materia de Tecnoloxía estiveron moi de moda as máquinas de efectos encadeados. Eu mesma, por exemplo, dirixín un proxecto destas características no meu primeiro ano como profe.
Calquera pode facer unha e o mellor de todo é que non precisades material especial, senón botar man de obxectos que temos todos na casa. Por casualidade cheguei a esta páxina onde Phineas e Ferb organizan un concurso chamado Reacción en Cadea. Eu anímovos, non a que participedes, senón a que gravedes os vosos propios vídeos de efectos encadeados co móbil e mos enviedes para publicar no blog e na canle de YouTube.
Anímase alguén???
Facede clic aquí para descargar a presentación sobre como traballamos no taller. Verémola en clase e realizaremos unha actividade co cúter, pero iso será o venres.
Hai unha actividade que fago cada ano cos alumnos de 2º da ESO (que teñen por primeira vez Tecnoloxía). Antes de falar do que é a tecnoloxía, entrégolle a cada un unha tarxeta co nome dun obxecto de uso cotián. Cada un ten que decidir se o coloca na columna dos obxectos tecnolóxicos ou dos non tecnolóxicos e cando rematamos a clasificación eu indícolles o número de erros que hai en cada columna. Cada alumno entón ten a súa quenda para facer un cambio e eu vou dando sempre o número de erros. O xogo continúa ate que a clasificación é correcta e entón facemos análise do que teñen en común os obxectos da mesma columna.
Para eles é moi difícil identificar un lapis ou un anaco de cartón como obxectos tecnolóxicos porque sempre pensan en termos de obxectos complexos e normalmente eléctricos ou electrónicos. Ao final damos unha definición de Tecnoloxía en base a todas as ideas que xurden durante a discusión.
A parte máis divertida é sen dúbida na que teñen que facer cambios, porque na primeira volta todos están de acordo en que unhas gafas non son un obxecto tecnolóxico 🙂
Anímovos a probar nas vosas aulas!