Na sección CURSO 2008-09 está colgada a primeira entrega de actividades da unidade 2: Electricidade. Non é necesario que as fagades na casa pois traballaremos con elas durante a clase de teoría.
A revista do instituto: Acudide á cita!!!
O departamento de normalización lingüística ten unha proposta interesantísima para todos nós: editar unha revista no instituto! Seguro que moitos de vós gostariades de ser xornalistas, verdade? Algún día poderedes contar que as vosas primeiras fotos e os vosos primeiros textos foron publicados na revista do instituto 🙂
A que agardades? Acudide á reunión que terá lugar na aula de 4ºA durante o segundo recreo do xoves día 30. E traede con vós as vosas ideas!!!!!
Concurso do Samaín
Chega o Samaín e un ano máis teremos diferentes concursos no instituto en torno a esta festa:
- Concurso de carteis
- Concurso de contos de medo
- Concurso de cabazas
As bases están colgadas en diferentes puntos do centro e en particular no corcho que tedes na entrada. O prazo de entrega de traballos remata o 29 de Outubro. Animádevos a participar!!!
Informática: Ubuntu 8.04
Mañán comezaremos a traballar coa distribución Ubuntu na súa versión 8.04. Inicialmente farémolo empregando a opción live, que permite explorar este sistema operativo sin necesidade de realizar ningunha instalación no noso equipo.
Déixovos na zona CURSO 2008-09 o guión da práctica que faremos en clase e na zona de DESCARGAS DE SOFTWARE a ligazón á páxina de Ubuntu por se alguén quere descargarse a distribución. Se estades interesados, contactade comigo para que vos explique como gravar o CD.
Máis descargas
Na sección CURSO 2008-09 tedes dúas novas presentacións para descargar:
-
A tecnoloxía é fantástica: traballaremos con ela nos próximos días
-
Electrónica: a primeira das unidades para os alumnos de 4º B
Material para descargar
Deixo na sección CURSO 2008-09 as presentacións que vimos hoxe ao longo do día:
- 2ºA: Presentación do curso
- 4ºB: Presentación do curso
- 4ºD: Presentación do curso
Exame de Setembro
Ben certo é que todo o bon remata. As vacacións de verán chegaron ao seu fin, o curso 2008-09 comezará dentro duns días e algúns de vós todavía tedes que facer exames de recuperación. Para os que teñades que examinarvos de Tecnoloxía, sabede que a proba será o martes 2 de Setembro ás 12:20 horas. Estaremos na sá de usos múltiples e nas aulas de 3ºA e 3ºB.







