Boas vacacións

escribindo nunha pizarra Non me despido de vós porque seguirei publicando ao longo do verán, pero si quero desexarvos que pasedes unhas boas (e agardo que merecidas 🙂 vacacións.
Vémonos en Setembro!!!

Cambios na cabeceira

palabra tecnoloxia escrita con ferramentas

Xa hai tempo que estou a buscar, sen éxito polo de agora, unha fonte que escriba empregando ferramentas como caracteres. Seguindo o exemplo que atopei no blog teknokano, decidín buscar imaxes na rede para compoñer a palabra tecnoloxía e así mudar a cabeceira que daba inicio ao meu blog dende o verán pasado. A ver se vos gusta!!!

10000 visitas!!!

contador do blog con 10000 visitas

No ano 2004 estaba interesada en aplicacións que permitiran a creación se sitios web de forma rápida e sinxela con vistas a traballar cos alumnos de 3º de ESO. Souben entón de algo chamado blog e me pareceu unha proposta moi interesante. Logo de revisar os sitios que permitían edición e aloxamento gratis, decanteime por Blogger. Naquel momento todas as instruccións estaban en Inglés, así que o primeiro que fixen foi crear o meu blog para colgar un post explicándolles en Galego aos alumnos como darse de alta. A continuación empreguei o blog para colgar os diferentes exercicios que realizamos na aula de informática e tamén para enlazar os blogs que ían creando os chicos (a maioría destes posts non existen xa).

Comecei a usar o blog cada vez para máis cousas. Se aloxaba o material que usaba nas clases nun servidor e o enlazaba dende o blog, os meus alumnos poderían baixalo. Así que colguei presentacións, boletíns de exercicios, guións de prácticas,… Tamén comecei a postear todos os avisos que daba na clase como datas de exames ou visitas a realizar. As páxinas que visitabamos na clase tamén apareceron no blog como recomendacións e os programas gratuítos que empregabamos, podían descargarse dende el.

A utilización do blog como recurso foi cobrando cada vez máis importancia para min e actualmente é unha ferramenta imprescindible no meu traballo docente.

Haberá cousa de dous anos que incluín un contador para ter unha idea da repercusión que estaba a ter e hai uns días que chegamos á 10000 visitas!!! Agardo que sigades disfrutando co meu blog tanto coma eu. Gracias por visitarme!!!!!!!!

Radio Furoca

logo de radio furoca Os compañeiros de Radio Furoca, a radio do noso instituto, están publicando o seu extraordinario traballo no blog da emisora. Non deixedes de visitalo para estar ao tanto de todo o que acontece no noso centro a través da súa axenda e ler as súas sempre interesantes recomendacións.

Noraboa polo voso impresionante traballo!!!!!!

Día Mundial da Eficiencia Enerxética

bombilla desenchufandose

Sabiades que o día 5 de Marzo é o Día Mundial da Eficiencia Enerxética? Acabo de lelo en ecomicrosiervos e tamén que se levarán a cabo iniciativas tan interesantes como o troco de lámpadas de incandescencia por lámpadas de baixo consumo (sabedes que porcentaxe do gasto eléctrico nun fogar é debido á iluminación?).

Temos que ser capaces de manter a nosa calidade de vida cun menor custo enerxético e iso pasa por un mellor aproveitamento dos recursos. O obxectivo: reducir a contaminación, prolongar a vida dos recursos e poñer o noso gran de area para frear o cambio climático.

Como exercicio, propóñovos que cada un de nós revise os seus hábitos e adique cinco minutos a pensar como pode consumir menos enerxía.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos