Zona de descargas
Como xa comentei, este curso estou de baixa por maternidade e imaxino que non colgarei moito material novo. De todas formas, irei poñendo todo o elaborado o curso anterior para que podades botar man del se é que vos parece interesante. Acabo de colgar un par de boletíns e o guión dunha práctica na zona de descargas.
Semana da Ciencia
Nesta páxina atoparedes información de todas as actividades que se están a desenvolver en Galicia no marco da Semana da Ciencia 2007. Exposicións, películas, obradoiros, cursos,… hai moito onde escoller!!!
O clube tics iespas de novo en marcha
O helpdesk do IES de Pastoriza ponse de novo en marcha e estrea blog
Non deixedes de visitalo!!! Seguro que nel atoparedes un montón de cousas interesantes.
E por fin…
O blog vai tomando forma e as zonas de descarga e os enlaces están de novo operativos. Como primeiras novidades incorporei unha serie de pestanas na cabeceira que nos permitirán acceder de forma rápida a sitios de interese.
Por se alguén ten curiosidade, esta é a plantilla orixinal que tomei como base para o meu blog 🙂









