4º ESO: Notas do exame de Pneumática

sorriso

O martes continuaremos coas prácticas de Pneumática na aula de informática e vos darei as notas do último exame que fixemos. Soamente hai catro puntuacións por debaixo de 5 e en xeral os exames están moi ben. Messi anotou un 10… e non foi o único 🙂

Boa fin de semana!!!

Exame de pendentes

Os alumnos que teñan a Tecnoloxía de cursos anteriores pendente, poderán recuperala co exame que realizaremos o día 21 de Maio ás 9:30 h en Usos Múltiples.

Ao longo da semana que vén entregareivos os boletíns voluntarios de recuperación.

Para calquera dúbida podedes atoparme no taller 1 todos os mércores durante o primeiro recreo.

Aviso de exames

Nos próximos días teremos os seguintes exames:
  • 2º D: Exame de engrenaxes e mecanismos de transformación o xoves 26 de Abril
  • 3º E: Exame de xeometría o venres 20 de Abril
  • 4º A: Exame de pneumática o mércores 25 de Abril

4º ESO: Resultado do exame

gorro de festa e globos O martes douvos as notas en clase pero podo adiantarvos que estades todos aprobados, que a nota máis baixa foi un 7,3 e que incluso dous de vós teñen un 10.

Que teñades unha boa fin de semana!!!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos