2º ESO: Unidade 4

Na zona de descargas de 2º tedes a primeira entrega dos apuntes da unidade 4 e as actividades correspondentes a estes contidos. Tamén podedes descargalos dende a unidade de alumnos.

Recuperación de PENDENTES

Os alumnos que teñan pendente a asignatura de Tecnoloxía de cursos anteriores poden entregar os traballos de recuperación ate o 1 de Febreiro. Nos días seguintes a esta data, publicaremos a lista de aprobados e a lista de alumnos que deberán realizar o exame de recuperación o día 12 de Febreiro.
En resumo:
  • Data límite para a entrega de traballos: 1 de Febreiro
  • Data do exame de recuperación: 12 de Febreiro

Para resolver calquera dúbida que poidades ter, estarei no taller 1 todos os mércores durante o 1º recreo.

Me paso a blogger beta

captura da zona de etiquetas do blog

Blogger oferta a posibilidade de trasladar o blog a Blogger beta, onde entre outras, melloran considerablemente as opcións de configuración do blog. Outra das novidades que ofrece esta nova versión de Blogger é a posibilidade de incluír etiquetas nos posts, que espero vos faciliten a busca de información.

2º ESO: Documentación do proxecto

monigote traballando no deseño dun aeroxenerador

Collede a seguinte documentación da zona de descargas:

  • aeroxenerador.odt: necesidade, descrición e análise do problema e procura de información
  • anteproxecto e fase técnica.odt: anteproxecto, construcción e avaliación
  • aeroxenerador.odg: modelo de aeroxenerador
  • despece.odg: despece a escala natural do aeroxenerador
  • reparto tarefas.odt: táboa para cubrir

Preguntádeme se tedes dúbidas!!!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos