Informática: Ubuntu 8.04

ubuntu

Mañán comezaremos a traballar coa distribución Ubuntu na súa versión 8.04. Inicialmente farémolo empregando a opción live, que permite explorar este sistema operativo sin necesidade de realizar ningunha instalación no noso equipo.
Déixovos na zona CURSO 2008-09 o guión da práctica que faremos en clase e na zona de DESCARGAS DE SOFTWARE a ligazón á páxina de Ubuntu por se alguén quere descargarse a distribución. Se estades interesados, contactade comigo para que vos explique como gravar o CD.

Informática: Sistemas operativos

ubuntu

A presentación que estamos preparando para as clases sobre sistemas operativos todavía non está rematada, pero xa tedes na zona CURSO 2008-09 as diapositivas que vimos ate agora por se queredes descargalas nos vosos equipos. Avisarei cando haxa algunha actualización.

Sistemas operativos

matrix

Na clase de Informática de 4º de ESO estamos estudiando os diferentes sistemas operativos e tamén como evolucionaron desde os primeiros de tipo textual (que levanten a man os que teñan traballado con MSDOS :-). Aquí tedes algunhas ligazóns de interese:

Gracias a Ana Villar por localizar a maioría destas ligazóns!

O proceso tecnolóxico

En 2º de ESO estamos aprendendo como a tecnoloxía ofrece un obxecto tecnolóxico como resposta a un problema ou unha necesidade. Isto é posible gracias a un proceso tecnolóxico que se desenvolve en diferentes etapas.

No vídeo que tedes a continuación podedes ver o proceso de fabricación dunha táboa de snowboard.

Máis descargas

Na sección CURSO 2008-09 tedes dúas novas presentacións para descargar:
  • A tecnoloxía é fantástica: traballaremos con ela nos próximos días
  • Electrónica: a primeira das unidades para os alumnos de 4º B

Material para descargar

Deixo na sección CURSO 2008-09 as presentacións que vimos hoxe ao longo do día:
  • 2ºA: Presentación do curso
  • 4ºB: Presentación do curso
  • 4ºD: Presentación do curso

Fontes gratis

diferentes tipos de letra

Hai ocasións nas que buscamos un tipo de letra especial e diferente para a realización dalgún traballo. A través de what’s new souben desta páxina onde atoparedes case 9000 fontes para descargar. Podedes escribir o texto que desexedes para comprobar como queda antes de realizar a descarga.

Como se instalan? Unha vez escollida a fonte, facede clic en download e descargade o arquivo correspondente, que probablemente terá a extensión .zip
Pasade o antivirus polo arquivo e descomprimide usando por exemplo o IZArc. Buscade a continuación o arquivo coa extensión .TTF e copiádeo. Soamente falta pegalo en c:WINDOWSFonts
A seguinte vez que abrades o OpenOffice, teredes dispoñible a fonte que acabades de instalar.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos