A presentación en formato pdf da unidade de sistemas operativos xa está actualizada e colgada na sección CURSO 2008-09.
Aplicación da semana: Print What You Like
Cantas veces atopamos unha páxina que desexamos imprimir pero que contén moitos elementos que non son do noso interese? Con PrintWhatYouLike poderemos editar a páxina e facer as modificacións que consideremos oportunas: eliminar elementos ou grupos de elementos, modificar o tipo e o tamaño de letra, eliminar todas as imaxes cun clic,… Soamente teremos que introducir a URL da páxina e poñernos mans á obra coa edición.
Esta aplicación tan útil vén recomendada desde eco.microsiervos e nos ofrece unha boísima oportunidade de utilizar recursos como a tinta e o papel de maneira responsable 🙂
Compoñentes e funcionamento dun disco duro
Na blog de Ana Villar atoparedes dous vídeos que paga pena ver: o primeiro deles amosa o funcionamento dun disco duro e o segundo os seus compoñentes.A revista do instituto: Acudide á cita!!!
O departamento de normalización lingüística ten unha proposta interesantísima para todos nós: editar unha revista no instituto! Seguro que moitos de vós gostariades de ser xornalistas, verdade? Algún día poderedes contar que as vosas primeiras fotos e os vosos primeiros textos foron publicados na revista do instituto 🙂
A que agardades? Acudide á reunión que terá lugar na aula de 4ºA durante o segundo recreo do xoves día 30. E traede con vós as vosas ideas!!!!!
Aplicación da semana: Multicolr
Multicolr é unha aplicación online que traballa coa base de imaxes de Flickr. Trátase dun buscador de imaxes por cores no que o usuario pode seleccionar unha ou máis cores dunha paleta para obter sorprendentes resultados. Gracias a what’s new por outra interesantísima proposta!
Construímos unha lámpada de incandescencia!!!
Todos os alumnos de 2º de ESO construíron a súa propia lámpada de incandescencia empregando un fío de nicromo como filamento. A do vídeo ten o seu dono en 2º B. Funciona ben, verdade?
Concurso do Samaín
Chega o Samaín e un ano máis teremos diferentes concursos no instituto en torno a esta festa:
- Concurso de carteis
- Concurso de contos de medo
- Concurso de cabazas
As bases están colgadas en diferentes puntos do centro e en particular no corcho que tedes na entrada. O prazo de entrega de traballos remata o 29 de Outubro. Animádevos a participar!!!






