4º ESO: Exame de electrónica

Lémbrovos que o luns día 24 de Novembro teremos o exame de electrónica ás 10:45 horas. Faremos o exame na vosa aula de 4º B, non no taller e é moi recomendable que traiades calculadora. Estudiade moito e repasade todos os exercicios de transistores!!!

2º ESO: O taller abre nos recreos

Como resposta ás peticións de algúns de vós, imos abrir o taller 1 de Tecno durante varios recreos para que poidades traballar nos proxectos. Por suposto, a asistencia é voluntaria.
Comezaremos a semana que vén co seguinte horario:

  • Luns: primeiro recreo
  • Mércores: primeiro recreo
  • Xoves: primeiro recreo

A ver que tal vai e xa vos direi a finais da semana que vén se cambiamos, mantemos ou ampliamos horario 🙂

2º ESO: Pistola termoencoladora

termoencoladoraOs proxectos de 2º de ESO comezan a coller forma (a ver se nos próximos días colgamos fotos do proceso de construción) e chegou o momento de comezar coa montaxe da estrutura. Como xa sabedes, para utilizar a pistola termoencoladora necesitaredes pasar un exame. A parte teórica consistirá nun test que xa está á vosa disposición na sección CURSO 2008-09 xunto cun pdf no que atoparedes a información para preparalo.

A partir de mañán tamén estará dispoñible na aulateca.

Convertir pdf en doc

convert pdf to word

A pesar de que no departamento de Tecnoloxía xa hai anos que traballamos exclusivamente con OpenOffice, non teño máis remedio que recomendar esta utilísima aplicación que permite a conversión de arquivos .pdf en arquivos .doc e que nos chega a través de genbeta. O paso a .odt é inmediato e agardo que o fagades!!!

Para empregar Convert PDF to Word seleccionade un arquivo .pdf e facede clic no botón Convert and Download.

Sede precavidos e pasade o antivirus a calquer arquivo que descarguedes, a ver se podemos desfacernos por fin dos troianos que nos invaden (consultade o blog de Ana Villar para máis información).

Por certo, o arquivo resultante pesa algo así como 10 veces máis que o orixinal pdf 🙂

Aplicación da semana: piZap

parafuso que falaA través de what’s new chéganos piZap, unha aplicación online que nos permitirá engadir todo tipo de efectos a unha imaxe para a continuación descargala ou enviala como postal.
Non é necesario rexistrarse e dispón dunha limitada pero interesante galería de efectos tales como bocadillos con texto, pegatinas, caras e incluso un pincel para pintar a man o que desexemos engadir. Facede as vosas composicións e animádevos a enviarme algunha!!!

Non era nada fácil pero…

Non era nada fácil pero Diego de 4º B e Manuel de 2º B conseguiron resolver o xogo proposto esta semana. Fixéronme chegar as capturas de pantalla que vos mostro a continuación. Gracias polo envío e moi ben feito!!!

resolucion de confusebox
resolucion de confusebox

2º ESO: Electricidade

electricidade

Na sección CURSO 2008-09 está dispoñible a primeira parte da presentación Electricidade coa que estamos traballando en clase. Avisarei cando haxa actualizacións. Estade atentos!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos