Oculta mensaxes en imaxes

logo de cryptimg Vía a sempre interesante What’s New chéganos Cryptimg, unha aplicación que permite ocultar mensaxes nunha imaxe. Seleccionade a imaxe, asignade un contrasinal e escribide a mensaxe que queredes ocultar. Premendo no botón Codificar, xérase unha imaxe idéntica en apariencia á orixinal pero contendo a información segreda. Xa está lista para ser enviada ao seu destinatario a través do correo electrónico, por exemplo (asegurádevos de que a persoa que recibe a imaxe coñece o contrasinal).
O receptor da imaxe terá que gardala, subila na páxina de Cryptimg, teclear o contrasinal, darlle ao botón Descodificar e no cadro de texto aparecerá a mensaxe oculta.

Probade con esta imaxe e o contrasinal tecno, a ver que vos sae…

mans suxeitando unha bombilla
Que agardades para probar???

Efecto óptico

manchas de cores e punto negro sobre fondo gris

A través do coñecidísimo blog ALT1040 nos chega este efecto óptico que vos deixará coa boca aberta. Mirade fixamente ao punto negro que aparece no centro da imaxe e aos poucos segundos veredes como as cores… desaparecen!!! Probádeo!!!

Contaminación lumínica

foto da contaminacion luminica en Tenerife

A contaminación lumínica é sempre a grande esquecida cando se fala de impacto medioambiental, sen reparar no despilfarro enerxético que supón ou en como reduce de forma considerable a visibilidade do ceo nocturno.

Na defensa da calidade do ceo nocturno como dereito científico, cultural e medioambiental da Humanidade existen iniciativas a nivel internacional como Star Light.

Sabedes que é posible determinar o nivel de contaminación lumínica da vosa cidade simplemente contando estrelas? Visitade a páxina de Great World Wide Star Count e participade na convocatoria que se celebrará no Outono do presente ano.

A imaxe é unha fotografía tomada en Tenerife que nos presenta o blog sobre ecoloxía e medioambiente

logo de ecomicrosiervos

A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial

frontal de A auuga, aplicacions enerxeticas na Galicia preindustrial

Achégovos o enlace ao 1º premio na modalidade de materiais curriculares web no marco do concurso que anualmente convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Trátase dunha páxina na que se aborda o estudio da auga dende diferentes puntos de vista e se analiza o seu papel na Galicia preindustrial.
Cando rematedes a vosa visita a esta web poderedes comprobar os vosos coñecementos coas actividades que se propoñen.
Noraboa aos creadores deste recurso!!!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos