Zona de descargas

chave inglesa

Como xa comentei, este curso estou de baixa por maternidade e imaxino que non colgarei moito material novo. De todas formas, irei poñendo todo o elaborado o curso anterior para que podades botar man del se é que vos parece interesante. Acabo de colgar un par de boletíns e o guión dunha práctica na zona de descargas.

Eee PC de Asus

ultraportatil de Asus

Parece que o tan esperado portátil de Asus sae por fin ao mercado aínda que todavía se comercializa en poucos países (o noso non é un deles 🙂 e o seu precio é lixeiramente superior ao que inicialmente estaba previsto.
Estamos a falar dun ordenador de menos de 300 €, que funciona baixo Linux pero compatible con Windows XP, de peso inferior a 1 kg, con wifi, pantalla de 7”,… (facede clic aquí se queredes ver todas as especificacións)
É de esperar que a primeiros de ano saia un novo modelo con precio inferior aos 200 €. Estaremos atentos…

TypoGenerator

logo de typogenerator

TypoGenerator é unha aplicación que permite xerar composicións moi vistosas a partir do texto introducido polo usuario. O fondo presenta imaxes relacionadas co texto que o programa atopa con google e as cores e o tipo de letra selecciónanse ao azar.
Podedes manter uns elementos e variar outros, por exemplo, xerar unha nova composición variando soamente as cores.
Aquí tedes algúns exemplos:
texto a tecnoloxia na eso vermello texto a tecnoloxia con letras borrosas
texto tecno azul texto tecnoloxia con letras redondeadas

Box2DFlashAS3

captura de box2dflashas3 Pincha e arrastra os diferentes obxectos para ver como interaccionan entre si. Podes ver os demais exemplos premendo nos cursores esquerdo/dereito e restaurar o exemplo no que te atopes coa tecla R. Moi interesante…

Semana da Ciencia

logo da semana da ciencia

Nesta páxina atoparedes información de todas as actividades que se están a desenvolver en Galicia no marco da Semana da Ciencia 2007. Exposicións, películas, obradoiros, cursos,… hai moito onde escoller!!!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos