Cambiamos o exame de pneumática do mércores 25 para o xoves 26 de Abril.
¿Como crear unha miniweb de texto en segundos?
Con esta aplicación poderás crear miniwebs de texto en cuestión de segundos:
1. Dalle un nome á web
2. Introduce un contrasinal
3. Escolle unha cor
4. Introduce o texto
…e xa tes a túa web lista para ser visitada!!!
Aviso de exames
Nos próximos días teremos os seguintes exames:
-
2º D: Exame de engrenaxes e mecanismos de transformación o xoves 26 de Abril
-
3º E: Exame de xeometría o venres 20 de Abril
-
4º A: Exame de pneumática o mércores 25 de Abril
Gadgets para o blog
Tedes unha web ou un blog? Dende este enlace podedes descargarvos gadgets como xogos, diccionarios, reloxios e todo tipo de utilidades para incluír nel.Xerador de logos e botóns
Está imaxe está xerada dende a páxina http://cooltext.com/ onde poderedes crear os vosos logos e botóns. Animádevos a probar!!!
Relatran 3.5
Pinchade aquí para descargar o programa gratuíto Relatran. Con el poderedes practicar exercicios e montaxes de todo tipo de mecanismos de transmisión e transformación do movemento.
Fotos dos proxectos de 4ºA
Este curso, os alumnos de 4º A están desenvolvendo os seguintes proxectos:
-
Ponte levadiza accionada por motor
-
Faro no que o sistema de iluminación está constituído por un conxunto de LEDs
-
Xogo de mesa que funciona con dado electrónico
En todos os casos os dispositivos están controlados por ordenador a través de programas elaborados polos propios alumnos, que tamén realizaron o deseño e construcción de todos os elementos da maqueta e as conexións dos diferentes dispositivos.
Os proxectos aínda non están rematados pero paga a pena ver un adianto. Noraboa polo traballo!!!
Ponte levadiza accionada por motor


Faro con LEDs
Xogo de mesa con dado electrónico
:-)
Tedes idea do que se ve colocando unha lupa sobre o cursor do rato???












