2º ESO: Mecanismos

frontal da paxina maquinas e mecanismos

O vindeiro martes dareivos as notas do último exame e comezaremos unha unidade nova. Trátase da unidade 5: Mecanismos, e por se tedes curiosidade e queredes ir mirando algo, déixovos un enlace a unha páxina moi boa que utilizaremos en clase (facede clic na foto ou aquí).

4º ESO: Resultado do exame

gorro de festa e globos O martes douvos as notas en clase pero podo adiantarvos que estades todos aprobados, que a nota máis baixa foi un 7,3 e que incluso dous de vós teñen un 10.

Que teñades unha boa fin de semana!!!

2º ESO: Unidade 4

Na zona de descargas de 2º tedes a primeira entrega dos apuntes da unidade 4 e as actividades correspondentes a estes contidos. Tamén podedes descargalos dende a unidade de alumnos.

Recuperación de PENDENTES

Os alumnos que teñan pendente a asignatura de Tecnoloxía de cursos anteriores poden entregar os traballos de recuperación ate o 1 de Febreiro. Nos días seguintes a esta data, publicaremos a lista de aprobados e a lista de alumnos que deberán realizar o exame de recuperación o día 12 de Febreiro.
En resumo:
  • Data límite para a entrega de traballos: 1 de Febreiro
  • Data do exame de recuperación: 12 de Febreiro

Para resolver calquera dúbida que poidades ter, estarei no taller 1 todos os mércores durante o 1º recreo.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos