Comezamos!

Na primeira práctica tes que crear unha conta de correo e un blog. Segue as instrucións e pregúntame todas as dúbidas que teñas:

  1. Crea unha conta de Hotmail coa seguinte estrutura: (é probable que teñas que engadir números despois do apelido por cuestións de dispoñibilidade)
    nome.apelido@hotmail.com
  2. Crea un blog de blogaliza coa seguinte estrutura: (é probable que teñas que engadir números despois do apelido por cuestións de dispoñibilidade)
    http://nomeapelido.blogaliza.org
  3. Envíame un mail dende a conta de correo que conteña a dirección do blog

Minipunto limpo

As lámpadas de baixo consumo conteñen vapor de mercurio no seu interior. Este metal dá lugar a substancias altamente tóxicas e bioacumulables que se incorporan con facilidade á cadea alimenticia. Se unha lámpada de baixo consumo deixa de funcionar, non a tires ao lixo, deposítaa nun minipunto limpo.

Nestes lugares de recollida tamén podes desfacerte de CD e DVD, cartuchos de impresora, aparellos eléctricos e electrónicos, teléfonos móbiles, pilas e baterías de móbil.

Queres saber máis?

mini_punto_limpo

Avenida de Fisterra, Arteixo

Tomando medidas XII: culleradiña


Photo credit: inarizoo from morguefile.com

Resulta moi conveniente ter a man obxectos que nos proporcionen unha referencia en ausencia de instrumentos de medida. Así, a nosa cuarta ou a amplitude dun paso poden sacarnos dalgún apuro para realizar estimacións. Con todo, resúltame sorprendente que as doses dun xarope con vaso dosificador, veñan indicadas  no prospecto en culleradiñas. Por certo, unha culleradiña equivale aproximadamente a 5 ml 🙂

prospecto

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos