Veño de ler en amazings unha entrada acerca de Kim Peek (a referencia de Dustin Hoffman para protagonizar Rain Man) e Daniel Tammet. Este último publicou a súa biografía en 2006 e con ela achéganos ao mundo das persoas afectadas pola síndrome de Asperger. Lectura moi recomendable.
Boas vacacións!
Este curso foi tremendamente especial para min. Grazas a tod@s por compartilo comigo e que teñades unhas boas vacacións!!!
Photo credit: ppdigital from morguefile.com
V Exposición-concurso de Proxectos de Tecnoloxía
Hoxe celebramos a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no taller 1 do instituto. O xurado formado por Dennise Iglesias, Alexia Anido, Brahim El Ghotiss, Natalia Rodríguez e Eva Sanz seleccionou os seguintes proxectos como gañadores das diferentes categorías:
- 2º da ESO: ponte levadiza de Juan Carlos, Jesús, Martín e Gregorio
- 3º da ESO: coche cabledirixido de Ismael, Adrián, Sara e Rocío
- 4º da ESO: ascensor con display de Sara, Paula, Reynaldo e María
Parabéns a tod@s @s alumn@s de tecnoloxía no nome das profesoras do departamento!!!!!!
A Lúa vista por Many
Non vos perdades as fotos da Lúa no blog de Many!!!
Ascensor
Proxecto realizado por María, Sara, Paula e Reynaldo de 4ºA.
V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía
O xoves 23 de Xuño terá lugar a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza. Nesta ocasión, os proxectos poderán visitarse ao longo da mañá no taller 1. O xurado formado por profesores e alumn@s escollerá un gañador en cada unha das tres categorías: 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO.
Proxecto de Juan Carlos, Martín, Gregorio e Jesús de 2ºC
Pizarras de axuste de reaccións químicas
Clic aquí para descargar as pizarras cos exercicios de axuste de reaccións.
Suxeitalibros de 2ºC
@s alumn@s de 2ºC recibiron unha encarga da biblioteca: deseñar e construír suxeitalibros para os diferentes andeis. Desenvolver proxectos como casos prácticos permite establecer conexións entre os contidos teóricos e prácticos aprendidos e o mundo real.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |





