Inversión de xiro dun motor con PICAXE

@s aliumn@s de 4ºA realizaron hoxe en tempo récord un pequeno programa para controlar a inversión de xiro dun motor. A minipráctica consistía en facer que xirara durante 5s en sentido de avance para xirar a continuación no sentido contrario durante 8s. O cartón pegado no eixe do motor permite visualizar mellor o cambio de sentido (como indicador, non é moi elaborado, pero o tempo non dou para máis 🙂 )

FluidSIM

Podedes descargar a última versión de FluidSIM facendo clic aquí. Lembrade que ao ser unha demo, non vos permitirá gardar os circuítos e a aplicación se pechará aos 30 minutos (pero se pode abrir novamente cantas veces queirades).

fluidsim

Repaso

O luns día 21 de Febreiro teremos o exame da unidade de estruturas. A proba será a través dun test en liña similar aos que realizamos nas clases de teoría. Se queredes, podedes empregalos para repasar. Os contrasinais de acceso son:

  1. Estruturas01: rande
  2. Estruturas02: brozos
  3. Estruturas03: alicerce
  4. Estruturas04: forxado
  5. Estruturas05: carcasa

O modelado do relevo

A exposición de traballos sobre o modelado do relevo comezará o vindeiro luns día 14 de Febreiro. A orde é a seguinte:

  1. Many: Tectónica de placas
  2. Adry: Volcáns
  3. Yasmín: Terremotos
  4. Tamara: Acción xeolóxica das augas superficiais
  5. Aitor: Acción xeolóxica das augas subterráneas
  6. Nerea: Acción xeolóxica do xeo
  7. Mau: Acción xeolóxica do vento
  8. Cris: Acción xeolóxica do mar
  9. Irma: Procesos no relevo debidos aos axentes xeolóxicos externos: meteorización, erosión, transporte e sedimentación


Photo credit: eos53 from morguefile.com

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos