Tamén incorporamos unha pequena cámara na parte superior do foguete. No seguinte vídeo podedes ver a gravación correspondente ao lanzamento foguete04.
Primeiro vídeo do lanzamento de foguetes de auga!!!
Unha pequena mostra (tede paciencia e haberá máis) da xornada de foguetes de auga que tivemos esta mañá. Trátase do lanzamento do foguete construído polos alumnos de 4ºD. As dúas gravacións correspóndense con dúas cámaras, unha na base de lanzamento e outra situada para rexistrar a traxectoria completa do foguete. Un traballo estupendo. Parabéns a tod@s!!!
Estruturas (V)
E remataremos os contidos da unidade explicando os diferentes tipos de estruturas. Realizade a autoavaliación cando vos indique.
Estruturas (IV)
Na seguinte clase de teoría falaremos de elementos estruturais e triangulación. Aquí tedes a autoavaliación que teredes que realizar logo da introdución dos contidos.
Estruturas (III)
Na seguinte clase de teoría falaremos dos diferentes esforzos aos que pode estar sometido un elemento estrutural. Realizade a autoavaliación despois da explicación dos contidos.
A mecánica do Universo (I)
Comezamos esta unidade co visionado dun programa especial de Mythbusters acerca da suposta teoría da conspiración arredor da chegada do Home á Lúa. Podedes descargar o vídeo que vimos e analizamos en clase ben dende a aulateca, ben facendo clic aquí. O exercicio que vos propoño é o seguinte:
- Escollede 2 probas da teoría da conspiración
- Explicade en que consiste cada unha delas
- Describide o experimento que se prantexa para refutar cada unha das probas
- Analizade as conclusións que se poden obter dos experimentos, valorando se as probas presentadas son válidas.
Prácticas de robótica con Lego (I)
O luns comezaremos coas prácticas de robótica e farémolo programando un robot de Lego en lazo aberto. Unha práctica moi sinxela para iniciarnos no mundo da robótica. Déixovos aquí o guión.
Estruturas (II)
Logo da introdución do tema de estruturas realizada o pasado mércores, o luns teremos a segunda sesión adicada á undade de estruturas. Nela definiremos estrutura, realizaremos unha primeira clasificación e finalmente falaremos da evolución das estruturas e elementos estruturais ao longo da Historia.
Ao rematar os 10-15 minutos de contidos teredes que realizar a seguinte autoavaliación. Lembrade que debedes introducir o voso nome e primeiro apelido e que os resultados quedan rexistrados. A clave de acceso daréivola no momento de facer o test.
E o día dos lanzamentos é…
Ao longo da clase de hoxe de hoxe rematamos os foguetes e dispuxemos todo para o día dos lanzamentos. Inicialmente pensamos no luns, pero as dúas horas de clase quedan partidas polo recreo. O martes as dúas horas son seguidas pero son as dúas primeiras da mañá e todavía non hai luz suficiente para realizar gravacións de calidade. Que tal o mércores? É o día perfecto pero teremos o tempo do noso lado? Consultado o servizo de meteogalicia, o pronóstico é bo, polo que quedamos para o mércores!!!
Primeiras probas cos foguetes de auga
Vídeo que documenta as primeiras probas cos foguetes de auga. Como o tempo non se prestaba moito, fixémolas dentro do taller e sen agua, claro. Cada quen puido afacerse á tarefa que terá que realizar o día do lanzamento, e de paso aproveitamos para probar varios materiais nos que cravar a agulla da bomba de aire.
Se queredes ver un par de vídeos máis, visitade a canle de YouTube do blog. Nun deles a presión foi insuficiente polo que o voo foi moi curto. No outro, fixemos un lanzamento vertical no exterior aproveitando un momento no que non chovía, pero si facía bastante vento. Todos eles foron soamente con aire a presión. Os lanzamentos con auga e con cámara de vídeo incorporada no foguete, serán a semana que vén.





