Foguetes de auga

Para rematar a unidade adicada ás forzas e o movemento, imos construír e lanzar foguetes de auga. Será ao longo desta semana e a que vén e documentaremos todo o proceso. Xa vos contaremos!

Se estades interesados en ler sobre o tema, déixovos un manual para descargar.

foguete01

Estruturas (I): As pontes

Comezaremos a unidade co visionado do vídeo

e a continuación teredes que responder un test online. Indicade o voso nome e primeiro apelido, e introducide o contrasinal que vos indique. Os vosos resultados quedarán rexistrados.

test

Unidade 3: Estruturas

Comezamos a segunda avaliación co tema de estruturas e o seguinte esquema de traballo:

  • Luns: explicación de contidos ao longo de 10-15 minutos e actividades que permitan traballar os contidos explicados empregando os portátiles. Estas sesións terán lugar na vosa aula de 2ºC.
  • Mércores: teoría/práctica (avisareivos cada luns para que saibades se tedes que baixar ao taller).
  • Venres: práctica no taller.

Podedes descargar a presentación da unidade de estruturas facendo clic aquí e tamén consultala dende o blog:

Ío, Europa, Ganímedes e Calisto

O 7 de Xaneiro de 1610 Galileo observou por primeira vez os agora chamados satélites galileanos de Xúpiter (como se recolle no seu Sidereus Nuncius). O seu telescopio non foi quen de diferenciar Ío e Europa, que se atopaban moi próximos entre si, polo que nas súas primeiras anotacións soamente fixo referencia a “tres pequenas estreliñas”. Un instante memorable para Galileo, a Ciencia e tamén para todos os que tivemos algunha vez a oportunidade de contemplalos durante os seguintes catrocentos anos.

manuscrito galileo xupiter

Festival de Nadal

Día de emocións, bailes, música, premios, boletíns de notas, bicos, apertas e despedidas… ate o ano que vén. Déixovos cunha foto do xurado do festival e que teñades moi boas vacacións. Vémonos!!!

Xogo de preguntas e respostas

Vídeo do proxecto que @s alumn@s de 2ºC do grupo verde construíron na primeira avaliación. Trátase dun xogo eléctrico de preguntas e respostas que lles permitiu practicar o traballo con madeira ademais de repasar contidos de electricidade. Nos próximos días subirei fotos de todos os proxectos rematados.

E nos próximos días…

Nos próximos días teredes fotos e un vídeo dos proxectos de 2ºC. Tamén algunhas imaxes do proceso de construción dos foguetes de auga nos que están traballando os alumnos de 4ºD de AmbCT. Tede paciencia!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos