Grazas ao boísimo equipo de Blogaliza temos de novo as ligazóns internas, incluídas as categorías, funcionando. Un saúdo, Pedro e moitas grazas de novo!
Fallos no blog
Estes días as ligazóns internas non están funcionando demasiado ben. Ao facer clic sobre elas aparece a páxina principal, e por iso sucede o mesmo ao facer clic nas categorías. Tede paciencia desculpade as molestias. Agardo que este problema se solucione pronto.
Aviso: Categorías
Para os que descargades o material.
As categorías non están funcionando ben polo menos desde onte, así que teredes que guiarvos polas etiquetas que figuran ao final de cada post. Agardo que este problema se solucione pronto. Desculpade!
Prácticas coa protoboard ou placa de probas
Unha protoboard ou placa de probas é un dispositivo que permite para realizar conexións entre compoñentes eléctricos e/ou electrónicos sen necesidade de soldadura. Hoxe fixemos a primeira práctica para determinar as diferentes conexións dentro dunha protoboard e se queredes podedes descargarvos o guión facendo clic aquí.
Efectos encadeados e Phineas e Ferb
Nos primeiros tempos da materia de Tecnoloxía estiveron moi de moda as máquinas de efectos encadeados. Eu mesma, por exemplo, dirixín un proxecto destas características no meu primeiro ano como profe.
Calquera pode facer unha e o mellor de todo é que non precisades material especial, senón botar man de obxectos que temos todos na casa. Por casualidade cheguei a esta páxina onde Phineas e Ferb organizan un concurso chamado Reacción en Cadea. Eu anímovos, non a que participedes, senón a que gravedes os vosos propios vídeos de efectos encadeados co móbil e mos enviedes para publicar no blog e na canle de YouTube.
Anímase alguén???
Operacións con números reais
O martes día 5 de Outubro teremos un pequeno control sobre operacións con números reais. Para os que hoxe non viñestes a clase, o único que tedes que repasar a maiores son as potencias de expoñente enteiro. Cólgovos o pdf coas pizarras de toda esta parte da unidade por se queredes botarlles un ollo. De todas formas, o luns repasamos e falamos.
Saúdos!
Como traballamos no taller?
Facede clic aquí para descargar a presentación sobre como traballamos no taller. Verémola en clase e realizaremos unha actividade co cúter, pero iso será o venres.
Obxectos tecnolóxicos/obxectos non tecnolóxicos
Hai unha actividade que fago cada ano cos alumnos de 2º da ESO (que teñen por primeira vez Tecnoloxía). Antes de falar do que é a tecnoloxía, entrégolle a cada un unha tarxeta co nome dun obxecto de uso cotián. Cada un ten que decidir se o coloca na columna dos obxectos tecnolóxicos ou dos non tecnolóxicos e cando rematamos a clasificación eu indícolles o número de erros que hai en cada columna. Cada alumno entón ten a súa quenda para facer un cambio e eu vou dando sempre o número de erros. O xogo continúa ate que a clasificación é correcta e entón facemos análise do que teñen en común os obxectos da mesma columna.
Para eles é moi difícil identificar un lapis ou un anaco de cartón como obxectos tecnolóxicos porque sempre pensan en termos de obxectos complexos e normalmente eléctricos ou electrónicos. Ao final damos unha definición de Tecnoloxía en base a todas as ideas que xurden durante a discusión.
A parte máis divertida é sen dúbida na que teñen que facer cambios, porque na primeira volta todos están de acordo en que unhas gafas non son un obxecto tecnolóxico 🙂
Anímovos a probar nas vosas aulas!
Hologramas 3D
Esta fin de semana regaláronme un dispositico que serve para xerar hologramas 3D de forma instantánea (grazas!!!). Déixovos o vídeo para que vexades o efecto. Síntoo, a calidade de gravación podía ser mellor, pero empreguei o móbil, unha ferramenta de traballo que sempre levo comigo.
