Aprender Matemáticas

mates

Se queres aprender ou ensinar Matemáticas podes botar man desta ferramenta interactiva. A aplicación geogebra dispón de manual en español e se axusta a todos os niveis. Eu penso descargala para botarlle un ollo e se cadra traballar con ela este curso no ámbito científico-técnico.

Visto en wwwhat’s new.

Tomando medidas V: Benji e Oliver

InazumaElevenAgora que o meu fillo maior é fan absoluto de Inazuma Eleven e non perde un capítulo, sempre me lembro de Campións. A pesar do que puidera parecer, estas series teñen moi pouco que ver co fútbol real.

E confirmando as miñas sospeitas, os de microsiervos sacaron unha entrada facendo unha estimación do que mediría o campo de fútbol que tantas veces percorreron Benji e Oliver. Nada menos que 18 km de lonxitude!!! Por iso estaban todo o tempo a suar…

Visto en microsiervos.

Somos po de estrelas

Non vos perdades esta entrada de amazings. Se non poño o vídeo incrustado é porque estes días está habendo algún problema cos vídeos, pero tede paciencia, que estou segura que dentro de nada estará resolto.

universo

A feira do libro antigo e de ocasión

galileoUnha das miñas citas obrigadas no verán desde hai moitos anos (polo menos desde que estudiaba no instituto) é a feira do libro antigo e de ocasión.

A feira do libro á que tampouco falto a principios de Agosto ten o encanto do novo, pero a do libro antigo é como abrir un sobre sorpresa.

Normalmente non é o lugar no que máis libros merco pero case sempre saio de alí polo menos cun exemplar, que en moitos casos é unha edición facsímil coma a deste ano: Diálogos sobre los Sistemas del Mundo  (8€).

É case como voltar á libraría Vetusta, onde os libros simplemente se colocaban uns ao lado dos outros e podías atopar auténticas xoias a prezos sorprendentes… pero sen gato!

Tomando medidas IV: as manifestacións

manifestometro

Pois si, tamén existen páxinas onde miden o número de persoas que acudiu a unha manifestación. O certo é que na actualidade é relativamente fácil a partir de fotos aéreas e o número de persoas que cabe nun metro cadrado (aínda que ate niso é difícil poñerse de acordo).

Chave multiuso

multichavePor que me gustan tanto estas cousas? Miña irmá que me coñece ben, sempre me envía ligazóns deste tipo e aquí me tedes, falando dunha chave multiuso que gostaría de meter no meu chaveiro (actualmente está esgotada 🙂 ).

O trebello conta con 3 desaparafusadores de diferentes tamaños, unha lima de unllas e un dispositivo para limpalas, un abridor de botellas, un cortador de arame e parece ser que tamén unhas pinzas, aínda que non vexo a forma de empregala como pinzas no lugar que indica (tweezers). Contádeme se se vos ocurre a maneira!

Visto en lifehacker.

O que nunca nos dixeron na facultade

Parece ser que moitas das grandes series están tamén cheas de grandes científicos que decidiron transmitir os seus coñecementos traballando como guionistas. Esta é a explicación do que acabo de ler acerca de Futurama, onde se demostra un novo teorema matemático. Entrade na ligazón de orixe para coñecer todos os detalles.

futurama

Visto en FayerWayer.

Por que escribimos sobre Ciencia?

Esta era a pregunta formulada en amazings a principios do mes de Agosto e aquí vos deixo algunhas das miñas reflexións alí publicadas. Desculpade a miña vaidade 🙂

Creo que o principal motivo polo que nos interesa a Ciencia é porque somos curiosos. Prantexámonos preguntas e necesitamos respostas. Unha vez coñecemos a resposta temos a necesidade de transmitila, nunha tentativa de comunicar o que cremos saber e evitar a perda de coñecemento.

estrelasXa no plano máis persoal, eu de pequena collía sen permiso o Cheminova e o Scatron da miña irmá maior e facía programas inútiles en Basic co MSX. Moitos anos máis tarde no instituto, levaba un rigoroso diario de todas as prácticas que realizabamos nos laboratorios de Física, Química e Bioloxía, a pesar de que ninguén nos pedira que o fixeramos e por suposto nunca ninguén o leu (aínda o teño).

Despois un estupendo profesor descubriume o fascinante mundo da Física e aí fun, onde o mellor profesor que tiven fixo que me namorara para sempre da Óptica (grazas, Salva!). Tiven a oportunidade de investigar e escribir sobre todo o que aprendín alí e esta vez, si que houbo persoas que o leron (aínda que tampouco moitas, que xa sabemos como é isto :-) ).

Finalmente decanteime pola docencia na secundaria e comecei un blog de forma moi casual no 2004. No 2005 xa era unha ferramenta imprescindible para o día a día na aula e un valioso aliado para conseguir que os meus alumnos leran sobre temas sobre os que nunca lerían de forma voluntaria. Iso si, antes collerían unha serpe de cascabel que o rato para facer un scroll (como di o meu amigo Martín) por iso case todos os posts son dun par de parágrafos acompañados dunha imaxe. De vez en cando, e case sempre no verán, permítome escribir entradas máis longas coa certeza de que non as lerán, pero quizáis algún día…

Na casa temos máis do mesmo, dous físicos xuntos, un deles coleccionista de libros de ciencia ficción non poden dar nada bo e por iso tivemos que responder por que os líquidos adoptan a forma dos recipientes que os conteñen ao noso fillo maior cando tiña dous anos, por poñer un exemplo.

En fin, a ciencia sempre estivo presente na miña vida de forma moi especial enriquecéndoa día a día. Por que non compartilo escribindo sobre ela???

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos