3º ESO: Proxecto de fin de curso

Está colgado o guión do proxecto de fin de curso na sección 3ª AVALIACIÓN.

@s alumn@s de 3º terán que deseñar e construír un temporizador que se accione con pulsador e acenda unha lámpada transcorridos 10 segundos. Poden incorporar todos os elementos que consideren oportunos sabendo que valorarei entre outras cuestións, a creatividade no deseño. Poderedes ver os resultados na exposición-concurso que un ano máis realizaremos no mes de Xuño.

Wiki pechada á edición

candadoAcabo de bloquear as páxinas da wiki para a súa avaliación. Podedes acceder á vosa conta e facer uso das utilidades como a mensaxería, pero non editar.
Boa fin de semana!!!

AVISO para 3ºA

Bo día a tod@s!

Hoxe non podo ir ao instituto. Aproveitade o tempo para rematar as vosas entradas na wiki e preguntádeme as dúbidas que teñades en persoa (xoves e venres) ou por correo electrónico. Lembrade que o venres é o último día que teredes permiso para editar.

3º ESO: Wikimateriais

Esta semana teremos a última clase na que traballaremos en wikimateriais. A partir do venres comezarei a avaliación do voso traballo e para iso bloquearei todas as vosas contas e xa non poderedes editar, pero si visitar a wiki.

Na semana que vén comezaremos co proxecto de fin de curso, ao que adicaremos as dúas horas semanais. Sería interesante que houbera polo menos un portátil por grupo sobor de todo na fase de busca de información e deseño.

Que tal te manexas co html?

ckeditor

Agora con aplicacións como CKEditor xa non é necesario pelexarse co html. Emprega o seu completísimo editor de texto para crear por exemplo un post, fai clic sobre o botón Código Fonte e listo para copiar e pegar! Ten unha versión para descargar pero tamén pode usarse online. Utilísimo para facer composicións complicadas que requiren un tedioso traballo en html.

Vibrobots de 3ºBC

E un par de vídeos dos vibrobots de 3ºBC…

3º ESO: Wikimateriais

Os alumnos de 3ºA comezarán coa wiki o mércores e os de 3ºBC o xoves. É necesario que antes me enviedes un mail dende a vosa conta de gmail para que vos poda convidar á wiki, e que vos rexistredes a continuación. Lembrade que vos xogades un negativo…

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos