Os alumnos de 3ºA xa fixeron os seus vibrobots. Aquí temos tres vídeos do funcionamento dos bichos. Mañán é o turno dos de 3ºBC.
Para profes de Tecnoloxía
Acabo de colgar na área de profes (na parte inferior do blog) a ligazón dunha tenda onde se poden mercar minimotores con excéntrica para contruír vibrobots. Eu xa os probei e van moi ben. Nos próximos días construirémolos no taller e colgarei vídeos.3º ESO: Wikimateriais
Xa está en marcha a wiki de materiais coa que imos traballar ao longo deste mes. Se me enviaches un mail coa túa dirección de gmail, xa tes unha invitación na bandexa de entrada para ser membro da wiki. Sigue as instrucións para rexistrarte e envíame un mail ou pregúntame no instituto se tes algunha dúbida.
3º ESO: Vibrobot
Nesta semana construiremos vibrobots no taller. Podedes ir botándolle un ollo a este vídeo que xa vimos en clase antes das vacacións. O cuestionario deste miniproxecto pode descargarse na sección 3ª AVALIACIÓN.
Xogamos? Typing chef
Pasados xa os exames da 2ª avaliación, chegou o momento de relaxarse un pouco cun xogo. Sodes suficientemente rápidos co teclado? Con typing chef teredes a resposta…
(vía tecnotic.com)
3º de ESO: Exames da semana que vén
Aquí estou de novo despois de moitos días de ausencia. Xa sabedes que esta semana estiven de baixa pero o luns estarei de novo polo instituto. Quería lembrarvos as datas dos exames de electricidade de 3º:
- 3ºBC: luns día 15 de Marzo na aula de 3ºB
- 3ºA: martes día 16 de Marzo na aula de 3ºA
Lémbrovos tamén que os exercicios de resolución de circuítos e cálculo de potencia e enerxía serán semellantes aos dos boletíns e que da parte de instalacións eléctricas en vivendas preguntarei basicamente teoría. Repasade todo o que fixemos en clase e o material da unidade (presentacións, boletíns,…) e se tedes dúbidas, consultade con Mónica (a miña substituta), buscádeme o luns ou enviádeme un correo nestes días.
Ah, traede calculadora para o exame!
3º ESO: Calendario
Na sección 2ª AVALIACIÓN está colgado o calendario de entrega dos diferentes boletíns, así como outras datas de interese para esta avaliación.



