Aplicación da semana: Wordle

wordle wordle

A aplicación Wordle permite xerar nubes de palabras a partir dun texto introducido, unha páxina web ou etiquetas de del.icio.us. Os resultados son sorprendentes. Nas imaxes podedes ver dous exemplos para o o Blog de Tecnoloxía neste momento.

4º ESO: Binary Game

binary game

Buscando un xogo que permitira practicar o paso binariodecimal atopei unha referencia en tecnotic con moi boa pinta. Binary Game é unha especie de tetris no que podedes eliminar filas dando coa combinación de 1s e 0s axeitada. Botádelle un ollo e me contades!

O Congo na mochila

Reabro a sección de colaboracións do blog con esta interesantísima entrada escrita por Nacho Menéndez, profesor do departamento de Ciencias Sociais do IES de Pastoriza.

Xoguemos ao Trivial.
– Pregunta: Onde está a República Democrática do Congo?
– Resposta: en África central.
– Pregunta: Enumera polo menos tres instrumentos electrónicos co cualificativo de “tic”.
– Resposta: Teléfono Móbil, GPS e ordenador con sistema wifi.
– Pregunta: Que ten que ver a República Democrática do Congo cos “aparatos” anteriormente mencionados?
– Resposta: O coltán.
– Que é o coltán?
– Resposta: É unha contracción de dous minerais, a columbita e a tantalita. O coltán é fundamental para o desenvolvemento da telefonía móbil, a fabricación de ordenadores, a PlayStation, os mísiles chamados intelixentes, incluso para os implantes de órganos.
Os milagres do coltán débense ás súas particularidades. É capaz de soportar temperaturas moi elevadas. Almacena carga eléctrica temporal e libéraa cando é necesario. É altamente resistente á corrosión.
– Pregunta: Onde se atopan os maiores xacementos do mundo de coltán?
– Resposta: O 80% das reservas están na rexión de Kivu e Itari, ao leste da República Democrática do Congo (ver mapa).

mapaEsta é unha das zonas máis violentas do mundo. A loita de cinco grupos armados apoiados por países veciños como Ruanda, Uganda e Burundi polo control do coltán, provocaron o desprazamento dunhas 250.000 persoas o pasado mes de outubro. En total hai polo menos -segundo Amnistía Internacional- 1,2 millóns de persoas desprazadas en Kivu Norte. É incalculable o número de mulleres e nenas que teñen sufrido violencia sexual.

Algunhas cifras máis que nos axuden a situar a catástrofe humanitaria que vive O Congo:

  • Cinco millóns de persoas mortas dende 1998.
  • 30.000 nenos e nenas recrutados polas diferentes forzas armadas ao longo destes dez anos. Estímase que aínda hai entre 3.000 e 7.000 menores soldados e esta cifra podería estar aumentando (datos de Amnistía Internacional).

– Última pregunta: Mira o teu móbil, ou o teu ordenador, ou o teu videoxogo… que pensas?

AVISO IMPORTANTE

Acabo de entrar na páxina da Consellería e hai aviso de que mañán luns día 9 de Febreiro queda suspendida toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia.

O exame que tiñamos o martes en 4ºB queda en principio suspendido para podermos repasar antes de facelo. Xa falaremos!

2º ESO: Estruturas

estruturas

Nesta semana comezaremos en 2ºB co tema de estruturas (en 2ºA farémolo a semana seguinte) por iso xa podedes descargar a presentación e o cuestionario do proxecto na sección 2ª AVALIACIÓN.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos