Dardos

María Loureiro, profesora de tecnoloxía e autora do imprescindible blog tecnoloxia.org concédeme un premio en forma de dardo. Ademais de facerlle chegar o meu agradecemento e de acordo coas regras ás que obedece este premio

dardosvoulles enviar un dardo aos seguintes blogs:

  • Tecnoloxía: blog de Ana Villar, a miña insubstituíble compañeira de Tecnoloxía
  • Radio Furoca: blog da emisora de radio que ameniza os nosos recreos
  • Lagarto Dixital: o ar mudou de rumbo varias veces nos últimos anos pero o arrecendo de magnolia nunca marchou de Pastoriza 🙂
  • Astronomía na beirarrúa: blog que nos achega a astronomía converténdoa nunha festa veciñal

Concurso de carteis

concurso carteis

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) convoca un ano máis un concurso (fai clic aquí para acceder ás bases) para designar o cartel anunciador das xornadas de tecnoloxía de Galicia.

  • Quen pode participar? Todos os alumnos de ESO e Bacharelato dos centros educativos de Galicia.
  • Cando remata o prazo de presentación? O prazo remata ás 22:00h do día 6 de febreiro de 2009.
  • Cal é o premio? Se o voso cartel resulta escollido recibiredes material electrónico/informático valorado en 150.-€.

Animádevos a participar!!!!!!!!!!!!

2º ESO: Exame de electricidade

As datas para o exame de resolución de circuítos son:

  • 2º B: martes 3 de Febreiro
  • 2º A: venres 6 de Febreiro
Lembrade que é moi aconsellable traer calculadora ao exame e que non se pode empregar o móbil como calculadora. A semana que vén marcaremos recreos para dúbidas.

Aplicación da semana: 1link.in

1link.inImaxinade que queredes enviarlle a alguén unha lista de ligazóns a vídeos de YouTube ou correspondentes a unha serie de páxinas interesantes. Normalmente escribimos as URLs unha debaixo de outra pero agora temos 1link.in, unha aplicación online que nos chega a través de what’s new.

Tecleade as direccións, facede clic no botón 1link e xa teredes a vosa colección de ligazóns agrupadas nunha soa. Unha mostra 🙂

Ah, ademais se facedes clic no botón open, abriredes cada unha das páxinas nunha pestana do voso navegador.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos