2º ESO: Fotos do proxecto

Aquí tedes as primeiras fotos do proxecto de 2º de ESO. Trátase dun detector de metais deseñado para localizar moedas nunha praia.
Cristina e Sara de 2ºA realizando as conexións do circuíto eléctrico.

Natalia de 2ºB limando unha peza da estrutura.

O proxecto de Ayoub, Alexia e Luis de 2ºA practicamente rematado.

O detector de Manuel, Juan, Diego e Christian de 2ºB tamén funciona xa.

2º ESO: Proxecto

Andamos tan a cen para rematar o proxecto antes da avaliación que nin tempo teño de sacar fotos durante as sesións de taller 🙂
Mañán xoves non poderei abrir o taller no primeiro recreo como estaba previsto, pero para compensar, terédelo aberto no segundo recreo.
A semana que vén tentarei abrir todos os días durante os dous recreos. Poñerei aviso na porta do taller 1. Xa sabedes que a asistencia é absolutamente voluntaria e non puntuable 🙂 A única recompensa é dispoñer de tempo para rematar os vosos proxectos.

2º ESO: Exame de Electricidade

A semana que vén teremos o exame de electricidade en 2º de ESO:

  • 2º A: venres 12 ás 13:35
  • 2º B: martes 9 ás 13:35
Estudiade moito. Mirade con calma a teoría e repasade os exercicios feitos en clase. Se tedes dúbidas buscádeme durante os recreos na sá de profesores ou no taller 1.

Aplicación da semana: YouConvertit

youconvertit logo

Son moitas as ocasións nas que temos un arquivo nun determinado formato e necesitamos cambialo. A través de what’s new chéganos esta aplicación online tan completa. Con YouConvertit poderemos:

  • Cambiar o formato dun arquivo e recibir na dirección de correo que indiquemos unha ligazón para descargar o mesmo arquivo co novo formato
  • Realizar a conversión online para vídeos dos que coñezamos a URL ou descargalos directamente
  • Enviar arquivos de ate 1 GB por correo electrónico ao destinatario que escollamos. Esta opción é moi útil cando se trata de arquivos pesados que poderían saturar o buzón de quen os recibe. YouConvertit almacena o noso envío nunha ligazón que é o que recibe o destinatario
  • Realizar cambios de unidades
Ollo, non esquezades pasar o antivirus logo de facer a descarga!!!

2º ESO: Cuestionario do proxecto

Hai xa unhas cinco semanas que comezamos co proxecto en 2º de ESO. Estamos a construír un detector de metais moi similar ao proposto no noso libro de Tecnoloxía (Santillana). Nas próximas semanas colgarei fotos do proceso de construción e mentres vos deixo o cuestionario co que estamos traballando na sección CURSO 2008-09.

Ah, boa fin de semana!!!

Solución a Hapland

solucion a hapland

Cristian L., Adrián R., Cristina e Carolina de 4º D conseguiron resolver o xogo proposto na aplicación da semana e me enviaron a proba en forma de captura de pantalla 🙂
Ben feito!!!

Informática: Que entra no exame?

writer

O martes día 9 de Decembro teremos o exame de OpenOffice Writer na asignatura de informática de 4º de ESO. Atendendo as peticións de algúns de vós, fixen unha relación de toda a materia que vimos a través do curso de guadalinex e que por tanto entra no exame. Tedes o documento na sección CURSO 2008-09 pero de todas formas falaremos disto en clase.

Aplicación da semana: Hapland

haplandEsta semana propóñovos un xogo de estratexia dos difíciles. Hapland é un clásico que ten segunda, e ate onde eu sei, terceira parte. Pero comecemos polo principio: movede o rato polo escenario na percura de obxectos activos e ideade unha estratexia para acender todos os fachos que se atopan nas entradas da edificación.

Se conseguides o obxectivo, facede unha captura e enviádema!!! Ah, unha vez máis este xogo nos chega a través de tecnotic.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos