O que nunca nos dixeron na facultade

Parece ser que moitas das grandes series están tamén cheas de grandes científicos que decidiron transmitir os seus coñecementos traballando como guionistas. Esta é a explicación do que acabo de ler acerca de Futurama, onde se demostra un novo teorema matemático. Entrade na ligazón de orixe para coñecer todos os detalles.

futurama

Visto en FayerWayer.

Por que escribimos sobre Ciencia?

Esta era a pregunta formulada en amazings a principios do mes de Agosto e aquí vos deixo algunhas das miñas reflexións alí publicadas. Desculpade a miña vaidade 🙂

Creo que o principal motivo polo que nos interesa a Ciencia é porque somos curiosos. Prantexámonos preguntas e necesitamos respostas. Unha vez coñecemos a resposta temos a necesidade de transmitila, nunha tentativa de comunicar o que cremos saber e evitar a perda de coñecemento.

estrelasXa no plano máis persoal, eu de pequena collía sen permiso o Cheminova e o Scatron da miña irmá maior e facía programas inútiles en Basic co MSX. Moitos anos máis tarde no instituto, levaba un rigoroso diario de todas as prácticas que realizabamos nos laboratorios de Física, Química e Bioloxía, a pesar de que ninguén nos pedira que o fixeramos e por suposto nunca ninguén o leu (aínda o teño).

Despois un estupendo profesor descubriume o fascinante mundo da Física e aí fun, onde o mellor profesor que tiven fixo que me namorara para sempre da Óptica (grazas, Salva!). Tiven a oportunidade de investigar e escribir sobre todo o que aprendín alí e esta vez, si que houbo persoas que o leron (aínda que tampouco moitas, que xa sabemos como é isto :-) ).

Finalmente decanteime pola docencia na secundaria e comecei un blog de forma moi casual no 2004. No 2005 xa era unha ferramenta imprescindible para o día a día na aula e un valioso aliado para conseguir que os meus alumnos leran sobre temas sobre os que nunca lerían de forma voluntaria. Iso si, antes collerían unha serpe de cascabel que o rato para facer un scroll (como di o meu amigo Martín) por iso case todos os posts son dun par de parágrafos acompañados dunha imaxe. De vez en cando, e case sempre no verán, permítome escribir entradas máis longas coa certeza de que non as lerán, pero quizáis algún día…

Na casa temos máis do mesmo, dous físicos xuntos, un deles coleccionista de libros de ciencia ficción non poden dar nada bo e por iso tivemos que responder por que os líquidos adoptan a forma dos recipientes que os conteñen ao noso fillo maior cando tiña dous anos, por poñer un exemplo.

En fin, a ciencia sempre estivo presente na miña vida de forma moi especial enriquecéndoa día a día. Por que non compartilo escribindo sobre ela???

Iniciación á enxeñería

Queredes saber como se constrúe un viaduto? Non vos perdades a oportunidade de aprendelo coa colaboración de Julio M. Mancebo, enxeñeiro de C.C.P.

En este espacio vamos a intentar explicar a dónde se van buena parte de nuestros impuestos. Sí, hablamos de obras. Son costosas y molestas, pero al mismo tiempo imprescindibles para el desarrollo y prosperidad de un país. Hoy voy a acercaros a un tramo del AVE (tren de alta velocidad) a la altura de Padrón (A Coruña). Para ello comenzaremos con un vocabulario básico definido con pocas palabras y de uso común.

  • VIADUCTO: puente de diseño sencillo.
  • TABLERO: parte del viaducto por la cual circulan los vehículos.
  • PILA: columna sobre la que apoya el tablero.
  • ZAPATA: base oculta sobre la que apoya la pila.

viaducto

Si habéis entendido bien los conceptos, en la foto podéis ver un viaducto en construcción, con todas sus pilas y con varios tramos de tablero terminados. La estructura metálica que se intuye en la foto se denomina AUTOCIMBRA, y es la que hace de encofrado (molde) del tablero. En nuestro caso es una AUTOCIMBRA SUPERIOR, ya que está formada por una gran viga biapoyada que soporta el encofrado del tablero. Dicha viga se apoya en un tramo de tablero y en una pila. Una vez terminado el VANO (tramo de tablero entre dos pilas), se desplaza la AUTOCIMBRA a la siguiente posición con la ayuda de un mecanismo hidráulico. Dicha operación se repetirá tantas veces como vanos tenga el viaducto.

Tomando medidas II: un momento

asesinatos matematicosEstouno pasando moi ben lendo Asesinatos Matemáticos de Claudi Alsina, un libro cheo de interesantes anécdotas arredor do mundo dos números.

Sabiades que os romanos dividían a hora en 40 partes e que chamaban momento a cada unha delas? Así pois, un momento duraba para eles exactamente un minuto e medio.

Lembrádeo a próxima vez que alguén vos pida que agardedes un momento 🙂

Phineas e Ferb: creatividade pura

phineas y ferb

Todos os que temos nenos na casa vemos os debuxos animados que eles ven (a tele pode ser educativa na súa xusta medida e coa supervisión axeitada, igual que as tan controvertidas redes sociais). Phineas e Ferb é das miñas series actuais favoritas por moitos motivos.

Os dous irmáns son tremendamente creativos, cada capítulo incorpora polo menos unha canción de calidade máis que aceptable en moitos casos, o pobre Dr Doofenshmirtz e os seus inventos malévolos (con nomes rematados en “ator”) son sempre derrotados polo axente P, un ornitorrinco de apariencia inofensiva de nome Perry e por último, Candace, esa irmá maior que tenta unha e outra vez, con pouco éxito, que pillen a Phineas e Ferb facendo das súas.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos