
Lembrade que a asistencia é totalmente voluntaria e que non terá incidencia na nota máis aló de permitirvos dispor de máis tempo para rematar os vosos proxectos.
Déixovos as datas dos próximos exames e a materia que entra en cada un deles:
Aproveito tamén para lembrarvos aos alumnos de 2ºC que a data límite para entregar o boletín de exercicios de electricidade é o 10 de Decembro e que pasado este día non o recollerei.
Photo credit: cohdra from morguefile.com
No IES de Pastoriza estreamos canle de televisión, Furoca TV!!! Parabéns a todos os responsables!!!
Vía tecnoloxía da ESO, leo que o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) organiza un concurso para escolares no que poden participar entre outros, os alumnos de 2º ciclo da ESO.

O curso pasado o IES de Pastoriza foi seleccionado para participar no proxecto ACER-EUN cun grupo de 1º de ESO. No presente curso participaremos cos catro grupos de 2º de ESO e eu incorpórome (a través da asignatura de Tecnoloxías) a esta iniciativa tan interesante que pretende explorar o uso educativo do ultraportátil nas aulas.
Mañá temos o exame de MRUA e funcións cuadráticas. Déixovos as pizarras dos exercicios que resolvimos en clase ao longo de todos estes días. Lembrade traer calculadora!!!
Photo credit: cohdra from morguefile.com
Algúns xoguetes como o da imaxe activan o seu dispositivo de saída (unha melodía, unha luz,…) cando o usuario toca dous puntos que fan que un circuíto eléctrico se peche.
Como funcionan? Nesta situación, o corpo do usuario forma parte do circuíto cunha determinada resistencia que en principio faría que a intensidade establecida fora insuficiente para activar o dispositivo de saída. Isto pode solucionarse cunha etapa de amplificación con transistor.
O transistor amplifica a intensidade que entra a través da súa base, proporcionando unha intensidade de colector que dependerá da intensidade de entrada e da ganancia do transistor.
Pode suceder que o transistor non sexa quen de proporcionar unha intensidade suficientemente alta para activar o dispositivo de saída, e nese caso será preciso amplificar aínda máis a intensidade que entra pola base.
Esta operación pode realizarse cun par Darlington, onde dous transistores se conectan como se indica na figura, de maneira que a ganancia do conxunto é o produto das ganancias de ambos.
No vídeo, os alumnos de 4ºA fixeron unha cadea colléndose das mans para pechar o circuíto, agarrando un deles o cable conectado ao polo positivo da pila e outro, o cable conectado á base do primeiro transistor.
Como resultado, o LED conectado no colector do segundo transistor acéndese cando a cadea está pechada e apágase no momento en que a cadea se abre nalgún punto, pois nesa situación temos un circuíto aberto. A configuración Darlington permite que a intensidade que circula polo LED sexa suficiente para acendelo a pesar da resistencia introducida pola inclusión de 13 persoas no circuíto!