Boletín para resolver e entregar

Durante a clase de hoxe entregareivos un boletín con exercicios de repaso da unidade 2: Electricidade. Teredes que resolvelo consultando os apuntes (dispoñibles neste blog, na aulateca e na fotocopiadora) e os exercicios resoltos en clase, e entregarmo. A data límite de entrega é o 10 de Decembro e a partir desde día, xa non o recollerei, polo que é conveniente que non agardedes ate o último día.

Preguntádeme todas as dúbidas que teñades (incluso durante os recreos) e non deixedes ningún exercicio en branco. A nota obtida neste boletín fará media coas notas dos exames relativos ás unidades 1 e 2.


Photo credit: pschubert from morguefile.com

Timelapse

Un timelapse é unha secuencia de vídeo que se reproduce a unha velocidade superior á que foi rexistrada, a fin de poder condensar nun pequeno espazo de tempo acontecementos que tiveron unha maior duración. Pode realizarse simplemente acelerando o vídeo gravado ou ben a partir dunha montaxe de fotografías tomadas a pequenos intervalos.

Hoxe en amazings publican este timelapse que vos recomendo! E se queredes máis, non vos perdades we are all made of stars.

we are all made of stars

Tomando medidas IX: Seis anos de blog

Este mes o blog está de aniversario. Nada menos que seis anos!

En Novembro de 2004 comecei co Blog de Tecnoloxía. Soamente era un exemplo co que traballar mentres lles explicaba aos meus alumnos de informática o que era un blog.

Foi unha boa idea non desfacerme del ao pasar ao tema seguinte (aínda que si borrei os primeiros posts) e aos poucos fun descubrindo novas posibilidades de uso e aplicación na aula.

No mes de  Xuño deste ano trasladeime a Blogaliza e nesta nova veciñanza mudei tamén o nome do blog para Ciencia + Tecnoloxía (clic aquí para coñecer os motivos 🙂 ).

O próximo obxectivo: conseguir que os alumnos colaboredes activamente no blog escribindo. Agárdovos!!!

Photo credit: earl53 from morguefile.com

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos