Subo o guión da práctica que realizaremos hoxe en clase por se queredes gardar unha copia e aproveito para lembrarvos que a data fixada para o exame de electrónica analóxica é o 3 de Decembro.
Exercicios de polarización dun transistor
A semana pasada comezamos a resolución de circuítos con transistores. Aquí vos deixo o pdf do boletín co que estamos traballando en clase.
Photo credit: pschubert from morguefile.com
A beleza dos números
Nature by Numbers from Cristóbal Vila on Vimeo.
E haberá quen diga que as matemáticas non están presentes na natureza! Compartido do taboleiro de Astronomía na Beirarrúa.
Pizarras da unidade 3 (actualización)
Facede clic aquí para descargar a actualización das pizarras correspondentes á unidade 3. Repasade todo ben e vide con calculadora para o exame do luns.
Proxecto: Xogo de preguntas e respostas
Esta semana os alumnos de 2ºC comezarán o proxecto desta avaliación. Trátase dun xogo de preguntas e respostas no que se acende unha bombilla cando unhas e outras son unidas correctamente. Como sempre, trátase dun proxecto guiado, bastante pechado por ser o primeiro que realizan e neste caso, bastante simplificado.
Pretendemos que aprendan a manexar ferramentas básicas para o traballo con madeira, a implementar circuítos eléctricos sinxelos e a organizar un pequeno grupo de traballo (quen fai que e cando).
Descargar o cuestionario.
Pizarras da unidade 3
Primeira entrega de pizarras da unidade 3. Facede clic aquí.
Motor Stirling con material de refugallo
Boísimo vídeo dun motor Stirling, construído con material de refugallo, en funcionamento. Máis información na páxina de orixe. Envío de Suso. Grazas!!!
Gravamos as lámpadas de incandescencia
Estás en 2ºC?
Remataches a práctica da lámpada de incandescencia?
Queres que a gravemos en funcionamento para subila á canle de YouTube?
Vén o martes día 9 ao taller 1 no primeiro recreo!!!
Xoguetes con material de refugallo
Podedes facer xoguetes con moitos obxectos que tedes pola casa ou que diariamente van ao lixo. Non vos perdades esta páxina!!!

