
Un xogo para unha tarde de choiva
Clic aquí para entrar.
Cada cousa polo seu nome: Que é o software libre?
Non é a primeira vez que vos falo de tecnoloxia.org (nin será a última!). Nesta ocasión recoméndovos que leades unha entrada acerca do significado de software libre.
Visto en tecnoloxia.org (imaxe)
Para algún despistado de 2º…
Novamente vos lembro que para acceder a todo o material que leva a etiqueta “2º de ESO: Tecnoloxías” tedes que facer clic na categoría “2º de ESO: Tecnoloxías” que hai na parte esquerda do blog.
Lembrade tamén que o exame do luns será na vosa aula, non no taller. Boa fin de semana!
Actividades de repaso para o exame do luns
Queredes descargar as actividades de repaso realizadas en clase e algunha máis? Facede clic aquí.
Tamén atoparedes unha diapo coa materia que entra no exame.
Test online
Testmoz é unha ferramenta que permite elaborar un test online, asocialo automaticamente a unha URL e mesmo protexelo cun código de acceso para que os nosos alumnos non entren antes de tempo 🙂
Ademais, cada persoa que realiza o test debe identificarse cun nome de usuario e o autor do test ten acceso á puntuación de cada usuario, data e tempo de realización,…
Visto en Free Technology for Teachers.
E nos próximos días…
Calendario para 2ºC:
- Mércores 20: repaso da unidade 1 a través de actividades.
- Venres 22: segunda parte da práctica de construción dunha lámpada de incandescencia.
- Luns 25: exame da unidade 1 (na vosa aula, non no taller).
- Mércores 27: comezamos a unidade 2: Electricidade
Electrónica analóxica
Tras o repaso de electricidade en xeral e de resolución de circuítos en particular, comezamos coa unidade 1: Electrónica Analóxica. Descargade a unidade facendo clic aquí.
Photo credit: ppdigital from morguefile.com
Pizarras das clases de proporcionalidade e porcentaxes
Facede clic aquí para descargar as pizarras.
Actualización da unidade 1
Facede clic aquí para descargar a actualización da unidade 1.

